Sunday 05 de May de 2024

O luns abre o prazo de inscrición para os obradoiros de gravado infantil e xuvenil


O vindeiro luns 26 abre o prazo para solicitar inscrición para os obradoiros trimestrais de gravado infantil e xuvenil, que terán lugar de xaneiro a marzo na Escola infantil do Castaño de Perillo. Esta actividade forma parte da Escola municipal de obradoiros artísticos.

O obradoiro infantil será os venres de 16.30 a 18.00 horas e está destinado a nenos/as nacidos/as entre o ano 2011 e 2016 e o obradoiro xuvenil será os venres de 18.00 a 19.30 horas e está destinado a xóvenes nacidos/as entre o ano 2005 e 2010: Ambos teñen un prezo público de 23 euros/mes.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, incluídos. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. As prazas ocuparanse por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para obter máis información é posible contactar co departamento de Cultura:
no 981 610 000 ou nos correos electrónicos r.caparros@oleiros.org e cultura@oleiros.org.

INSCRICIÓNS: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO